Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A campaña ‘Galicia sabe amar’ estará presente no evento ecuestre Equiocio

Rosa Quintana destaca o potencial destas citas para difundir a calidade dos produtos do mar

Santiago. Atendendo ao potencia de citas como o evento ecuestre Equiocio para difundir a calidade dos produtos do mar de Galicia, a Xunta está presente cun posto da campaña Galicia sabe amar, coa que incide na importancia de comer peixes e mariscos e na gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria da comunidade pon a disposición dos consumidores.

Na inauguración deste encontro, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo de relevo os valores que transmite Equiocio e a súa vocación inclusiva.

Entre eles, o coidado do medio ambiente e o amor pola terra. Ademais salientou que se trata dunha cita que volve con forza sen restricións de aforo tralos anos de pandemia da covid-19.

Equiocio Consciente Mar e Terra desenvólvese no campo das Cabazas (Covas-Ferrol) ata este domingo.

Trátase dunha proba deportiva ecuestre de alto nivel combinada con actividades de lecer familiar e vida saudable, no marco de valores como o respecto pola contorna, a sustentabilidade e o compañeirismo entre os asistentes.

Durante os días deste certame, celebraranse preto dunha decena de degustacións de receitas elaboradas con peixes e mariscos no posto de Galicia sabe amar. Das elaboracións das catas programadas para este venres encargaronse os chefs Maica Couto e Diego Domínguez, da Ostrería (Santiago). Nelas degustouse bonito do norte, coa colaboración de Absa, e produtos do selo pescadeRías.

Na xornada deste sábado será o chef Alejandro Iglesias do restaurante Cabanas (Lalín) será o encargado das receitas da degustación da pescada do pincho, na que colabora a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela. A outra cata será a base de pratos elaborados por este profesional con conservas de produtos do mar e colabora Anfaco-Cecopesca.

O domingo realizarase outra degustación de conservas de peixes e mariscos con receitas elaboradas por Maica Couto e Diego Domínguez, que elaborarán a degustación de mexillón organizada coa colaboración do Consello Regulador do Mexillón. Todas estas catas estarán acompañadas con viños das diferentes DO de Galicia. redacción

06 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito