Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A catedrática de Historia da Arte Ana Goy Diz ingresa na Ragba en Lugo

A directora do CEHC-USC falará sobre a ‘Ribeira Sacra: a construción dunha paisaxe cultural’

Lugo. A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebra este sábado unha sesión extraordinaria pública no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da Universidade de Santiago (USC) ás 12.30 horas, para a recepción do ingreso como académica numeraria da Sección de Expertos nas Artes da institución a catedrática de Historia da Arte da USC, directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade (CEHC-USC), e vicedecana da Facultade de Humanidades do Campus Lugo da USC, Ana E. Goy Diz. Pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado Ribeira Sacra: a construción dunha paisaxe cultural, que será contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía, Antonio Rodríguez Colmenero.

Asistirán ao acto o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo; ademais doutros académicos da institución e autoridades como a directora Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua; a vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galicia, Elena Candia; entre outros. ECG

28 may 2022 / 00:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito