Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A ciencia en galego está no Twitch

O canal de divulgación científica na rede Balea Vermella naceu no ano 2020 como un dos primeiros en facelo nesta lingua

Nesta pequena entrevista coñecemos o Proxecto Balea Vermella, e entrevistamos aos seus protagonistas. Un dos canais con maior repercusión no mundo dos directos en liña en galego, aos seus creadores, cando comezou esta iniciativa e a razón polas que se lanzaron a internet. A súa plataforma principal e a canle de Twitch aínda que tamén están presentas noutras redes sociais como Twitter e Instagram.

1. En que consiste o voso proxecto? Que tipo de temas vos gusta tratar?

Somos unha canle de divulgación científica en Twitch, unha plataforma de streaming. Gústanos falar sobre temas moi diversos como por exemplo saúde mental, astronomía, intelixencia artificial, mitos alimentarios, toxicoloxía etc

2. Quen está detrás de Balea Vermella?

Detrás de Balea Vermella están dous amigos, Javier Balea, químico e creador de «moléculas en galego», e Iria Veiga, psiquiatra e creadora do blogue «O outro lado do espello»

3. Cando arrancou este proxecto? Por que?

Comezamos en Twitch no mes de febreiro porque a pandemia non permitiu que puidésemos continuar cun proxecto que estabamos a desenvolver facendo vídeos xuntos e despois de ver ás compañeiras de Ecos de Xigantes no seu primeiro directo decidimos animarnos tamén con isto do streaming.

4. Por qué en galego? Algunha vez recibistes críticas por facelo así?

Somos galegos, por iso o facemos neste idioma. As reaccións sempre foron positivas e nunca tivemos problemas, o único problema é que Twitch non recoñece aínda a nosa lingua e de feito en 2020 creouse unha iniciativa chamada Twitch en galego que ten unha petición con sinaturas para que a plataforma o inclúa.

5. ¿Como vedes, en xeral, o panorama do twich e as redes en galego?

Está a medrar moito e gran parte é grazas á iniciativa de Twitch en galego que facilitou crear sinerxías entre perfís que emitimos en galego. Por exemplo, a través das «raids», que consisten en que cando rematas o teu directo mandas ao teu público a outra canle, entón a xente coñece creadores e creadoras de todo tipo que fan contido de videoxogos, de música, de deportes, de política...

6.Tedes algún obxetivo para o futuro? Ou como vedes a iniciativa dentro dun tempo?

Agora mesmo a idea é seguir nos vindeiros meses na mesma liña que levamos dende que comezamos facendo un directo semanal. Dende setembro contamos coa colaboración económica de PuntoGal que nos axuda moito a que isto sexa posible.

29 nov 2021 / 15:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.