Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A compostelá Berta Dávila recibe o Repsol de Narrativa Breve

“Talento de presente e futuro nas letras galegas”, así define o conselleiro de Cultura á galardoada

A compostelá Berta Dávila recibiu onte o XIV Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa obra Illa decepción, de mans do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen a definiu como “un talento de presente e futuro nas letras galegas” pois, malia a súa xuventude, é xa unha figura consolidada no panorama cultural con varios galardóns.

Rodríguez destacou a traxectoria da escritora compostelá, avalada tanto por este premio –que acada por segunda ocasión– como por outros de recoñecido prestixio a nivel galego e estatal.

Así mesmo, agradeceu o compromiso da Fundación Repsol coas nosas letras a través desta distinción, “que contribúe tanto a fomentar o labor dos autores como o traballo editorial e leva catorce anos poñendo a disposición dos lectores obras de gran calidade literaria”.

“Para a Xunta de Galicia son fundamentais este tipo de colaboracións para fortalecer o tecido cultural”, afirmou.

Na entrega, celebrada no Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, participaron tamén a subdirectora de Relacións Institucionais da Fundación Repsol, Arantzazu Hernanz; o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. A cita contou cun recital das cantantes Xiana Lastra e Andrea Porto, integrantes da Banda da Loba.

O acto coincidiu co Día da Edición e a conmemoración do nacemento de Ánxel Casal, un sector que –como lembrou o conselleiro– é fundamental e ao que todos debemos apoiar nesta crise económica. Neste sentido, recordou a campaña de fomento da cultura posta en marcha polo Goberno autonómico, na que o libro ocupa un lugar relevante. “Este Nadal, a cultura é un bo agasallo”, declarou

Avanzou que o sector editorial contará en 2021 co apoio da Xunta, como xa fixo este ano a través do Plan de reactivación do sector cultural, con máis de 2,2M€ en diferentes accións para o impulso da industria do libro e as bibliotecas, e gabou o esforzo dos profesionais.

17 dic 2020 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.