Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘A Coruña Anos 30’, serie de panorámicas da Segunda República

ata a Feira do Libro da cidade herculina

Santiago. Alvarellos Editora levará unha nova serie de fotografías históricas á vindeira Feira do Libro da Coruña (1-10 agosto). Titúlase A Coruña Anos 30, e reúne 12 panorámicas da cidade nos tempos da IIª República (arredor do verán de 1932).

Esta é a terceira entrega de imaxes históricas da Coruña que Alvarellos Editora prepara para a feira, despois de A Coruña, anos 20 en 2016 e A Coruña Anos 20 (II) en 2018. Véndense en formato de postais de gran tamaño e nuns estoxos de novo deseño

A Coruña anos 30 reúne 12 singulares panorámicas obtidas arredor do verán de 1932 porque nunha delas aparece, no Cantón Grande, o Teatro Linares Rivas (fermoso edificio modernista de 1920 derrubado en 1937) co anuncio na súa carteleira da estrea na cidade da zarzuela titulada Katiuska. La mujer rusa, primeira obra lírica do mestreSorozábal, que actou na Coruña o venres 22 de xullo dese ano 1932.

Outras imaxes mostran a nova nomenclatura urbana do novo réxime, como é o caso da Avenida da República (actual Avenida da Mariña) ou tamén homenaxes a republicanos ilustres como Emilio Castelar, quen fora un dos presidentes da Iª República e que deu nome, dende finais do XIX ata 1937, á rúa de Castelar, actual Rúa Nova.

Outras recollen momentos especiais do verán como o intre do baño nunha irrecoñecible Ría del Pasaje, actual Ría do Burgo; un animado día de praia en Riazor, ou os inicios da Ciudad Jardín (esa idea pioneira de barrio humanizado onde se alzaban preciosas casas unifamiliares. A rúa Real, a Dársena ou Juana de Vega completan esta viaxe pola Coruña da República, sinala a editorial galega na súa nota de prensa. redacción

28 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito