Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A descuberta da calma en familia en ‘Corre, corre!’

Xa fA editorial Picarona, selo infantil da barcelonesa Ediciones Obelisco, achégase nun dos seus álbums máis recentes á realidade diaria de moitas familias ás primeiras horas da mañá. Corre, corre!, da autoría de Magdalena, ilustracións de Isabelle Maroger e tradución de Zaida Quinteiro, presenta as présas que moitas nais, pero tamén pais, lle imbúen aos máis pequenos e pequenas da casa, uns apresuramentos que a nenez non comparte.

Despois de varios “Corre, corre!”, por parte da nai protagonista, coas correspondentes ordes a esta frase asociadas (érguete!, almorza!, lava a cara etc.), e logo de máis de un “agarda, mamá”, acompañados da razón do innecesario apuro, por parte do pequeno, a adulta protagonista deste álbum, publicado orixinalmente como Vite, vite! (Éditions Flammarion, 2018), descubrirá, despois dun bo susto, que o esencial non pode esvaecerse polo fluír da vida. A calma tamén é precisa.

marta.neira@usc.es

23 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito