A exposición itinerante ‘A Nosa Arte’ percorrerá as principais cidades galegas
![EN VIGO. Alfonso Rueda, durante a inauguración da exposición ‘A Nosa Arte’. Foto: D. Cabezón EN VIGO. Alfonso Rueda, durante a inauguración da exposición ‘A Nosa Arte’. Foto: D. Cabezón](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x601/0c74/900d506/none/102922340/KWSN/221124-pte-cultura-expoparla-dcs-2_422-6385835_20221124213618.jpg)
INAUGURACIÓN. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou onte en Vigo a exposición A Nosa Arte na que poderá verse unha escolma da colección de arte contemporánea do Parlamento de Galicia ata febreiro de 2023 e que percorrerá as principais cidades da comunidade. O titular do Goberno galego
animou a todos os galegos a visitar esta mostra itinerante xa que é unha radiografía do feito de ser galegos e da evolución e transformación de Galicia a través de obras do século XX e XXI.
O Parlamento de Galicia conta cunha ampla colección de arte na que se inclúen máis de 300 pezas. Co obxectivo de achegar este patrimonio artístico á cidadanía, o Parlamento -en colaboración coa Xunta- pon en marcha esta exposición itinerante que tras Vigo poderá visitarse en Ferrol, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra. REDAC.