Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A gala dos Follas Novas premia o mellor da literatura de 2021

Os galardóns recoñecen ao escritor Xesús Alonso Montero, á libreira Mercedes Corbillón e á escritora portuguesa Ana Luísa Amaral

A gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego recuperará o seu carácter presencial despois de dous anos de pandemia e volverá a reunir no Teatro Principal de Santiago a unha grande parte do sector literario, editorial e libreiro de Galicia. A gala foi presentada no ambigú do teatro polos representantes das entidades patrocinadoras, Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e CEDRO. A gala será emitida por You Tube en directo e comezará as 19:00h do vindeiro sábado, 7 de maio de 2022.

Os premios Follas Novas pecharán o vindeiro sábado unha nova edición recuperando o carácter presencial anterior á pandemia e ampliando por primeira vez o proceso de selección para seren máis representativos da amplitude, variedade e riqueza da literatura e da produción editorial e libreira do país.

Como sinalou o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias “os premios consolídanse cada ano e nesta edición ampliamos o proceso de escolla dos premios engadindo unha fase máis no proceso de debate e selección.“ Sánchez Iglesias tamén citou durante a súa intervención os tres premiados honoríficos de cada unha das asociacións organizadoras que serán recoñecidos durante a celebración da gala.

Para o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez, “a fortaleza dos premios Follas Novas é ser un proxecto común de todas asociacións vencelladas ao libro de Galicia”, e apunto que máis alá do evento puntual que supón a gala “significa que estamos comprometidos co libro galego, coa súa difusión e coa súa visibilidade”.

Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras “O libro galego é todo un resistente. E estes Premios Celebran esa resistencia. Temos un sistema literario que pode presumir de ter en activo máis de 20 Premios Nacionais, e en todos os xéneros. Esta é a nosa forza.” Para Alvarellos é necesario “darlle visibilidade e promoción a este talento e os premios queren contribuír a demostrar a forza creativa do país”

Anxo Lorenzo, secratario xeral de Cultura, un dos argumentos salientables dos premios é que sexan a suma “de tres premios de cada unha das tres organizacións convocantes”. Lorenzo afondou sinalando que este é “un bo camiño e hai que seguir insistindo nesta idea de sumar e reunir forzas”.

A primeira tenente alcalde de Santiago e concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, “Explicou que o proxecto común que supoñen os premios Follas Novas debería repetirse noutros ámbitos culturais”.

A gala dos premios estará presentada polo AldaoLado coa súa mestura de poesía, humor e música. Tamén formarán parte da festa literaria o trío pontevedrés Peña, gañadores da última edición do premio Narf.

distincións honoríficas. Cada unha das tres asociacións organizadoras dos premios entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais. Os premios desta edición son para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), é o Premio Honorífico da Edición da Asociación Galega de Editoras como filólogo, crítico literario, escritor, poeta, sociolingüista e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A AGE considera que Xesús Alonso Montero é unha figura fundamental na resistencia do libro galego durante a “longa noite de pedra” do franquismo e un incansable impulsor do seu novo rexurdimento trala chegada das liberdades. Mercedes Corbillón é a distinguida co premio que anualmente escolle a Federación de Librarías de Galicia.

Segundo Ramón Domínguez, a súa escolla débese a que “representa todo o que debe ser unha librería na actualidade tanto por actividades como pola interrelacións que consegue entre quen escribe e quen le”.

A AELG designa todos os anos un escritor ou escritora galega universal. Este ano, a designación correspondeu a Ana Luís Amaral (Lisboa, 1956), poeta e profesora na Universidade do Porto, con áreas de estudo son as poéticas comparadas, feminismo e estudos queer. Segundo a poeta Marta Dacosta “Amaral é a poeta que contraria a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza”

Categorías
Tres premiados e un total de 45 finalistas

··· A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego celebrarase o próximo 7 de maio no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. Na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías establecidas nestes galardóns: ensaio e investigación; divulgación, narrativa, infantil, xuvenil, libro ilustrado, banda deseñada, gráfico e humor; iniciativa bibliográfica; obra traducida; poesía; teatro; libro mellor editado.

··· En relación aos premios á traxectoria están: Iniciativa cultural ou fomento da lectura para a Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla, ‘Poetas Di(n)versos’, por Yolanda Castaño e o Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Na categoría de proxecto literario na rede prémiase a ‘A que cheira, papá?’, ‘O Arquivo das Trasnas’ e a ‘Surfeando libros’de Irene Pérez. Na categoría de xornalismo cultural, recoñecese a traxectoria de Belén Regueira Pilar García Rego e Susana Pedreira.

05 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.