Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A guía ‘Sendas para descubrir un país’ publícase ampliada

Dispoñible na web de Turismo de Galicia, inclúe 122 camiños, e a información pódese consultar tamén na aplicación Sendegal

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, acaba de reeditar o folleto de sendeirismo Sendas para descubrir un país, unha publicación de 268 páxinas, que constitúe unha das mellores ferramentas para a práctica desta actividade de contacto coa natureza en todo o territorio galego.

Nesta nova edición, a publicación especializada en sendeirismo actualiza a súa información e inclúe 57 camiños máis ca anterior edición.

Así, esta guía recolle información sobre os 122 sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo para practicar sendeirismo en Galicia, dos que tres son de gran percorrido e 119 de pequeno percorrido.

A publicación inclúe unha parte informativa sobre a nomenclatura e símbolos que o camiñante se atopará nos camiños, así como sobre o Sistema MIDE, relacionado coa comunicación entre excursionistas para avaliar as esixencias técnicas e físicas.

Polo que respecta a cada sendeiro, este folleto turístico dedícalle dúas páxinas nas que se fai unha descrición do seu trazado con fotografías.

Tamén se inclúe un mapa de situación a escala, así como as coordenadas do inicio e o final da ruta.

Explícanse as características máis salientables do sendeiro, así como os servizos dos que dispón, as conexións con outros camiños homologados e a información MIDE.

Este folleto pódese descargar ou consultar en PDF desde a web www.turgalicia.es e contará cunha versión impresa en varios idiomas.

Toda esta información pódese complementar coa aplicación para teléfonos intelixentes Sendegal, realizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo.

22 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.