Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A marcha dos seres queridos cara ao alén

Foron moitas as formas de tratar a morte na Literatura para a nenez. Unha delas preséntase neste fermoso álbum Avoa de arriba e avoa de abaixo, de Tomie dePaola (Estados Unidos, 1934), traducido ao galego por Óscar e Sandra Senra Gómez e publicado por Kalandraka na súa colección Tras os montes.

Cóntase, por medio do texto e das ilustracións complementarias do mesmo autor, con moita tenrura, sensibilidade e amor familiar, os sentimentos profundos, emocións e vivencias de Tomi, un neno de catro anos, que ía visitar a miúdo, coa familia, á avoa e á bisavoa. Unha traballaba sempre na cociña e a outra no seu cuarto, ata que morreu a bisavoa e, a seguir, a avoa se fixo maior e tamén faleceu. As dúas deixaron fonda pegada no neno que medrou e seguiu vendo caer estrelas que o viñan bicar. Tomi conserva os recordos infantís deses seres queridos que o levan a dicir: “Agora as dúas sodes avoas de arriba”.

blanca.roig@usc.es

20 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.