Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A MICE da inicio á nova edición coa proxección de ‘Cadernas de Olloboi’

    Santiago. Este luns bota a andar a 17 edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfica e faino co Festival convidado deste 2022, Olloboi, e o seu filme Cadernas de Olloboi, cinema feito por adolescentes desde as escolas e que se poderá ver ás 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago.

    Olloboi é un festival audiovisual de curtametraxes dirixido a todos os niveis educativos. Organízao desde o 2009 unha asociación sen ánimo de lucro radicada en Boiro. Para este festival é imprescindible a colaboración da veciñanza, das e dos cineastas galegos, do Concello de Boiro e da Deputación da Coruña. No 2020 a Academia Galega do Audiovisual outorgoulle o Premio especial Xosé Sellier.

    .A partir deste luns e ata final de curso, as curtas poderán verse nos centros educativos, a través dunha ligazón e previa inscrición no enderezo servizosdeac@museodopobo.gal. Deste xeito, o profesorado poderá programar a MICE Petís nos propios centros. ECG

    28 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito