Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A oitava edición de Mar de Mares achega sorpresas e novidades na defensa e conservación dos océanos

ECOSISTEMA. O Festival Mar de Mares acaba de presentarse nun acto na Fundación Paideia que contou coa participación de Inés Rey, Alcaldesa da Coruña, Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Manel Pérez Piñón, Director Trade Marketing de Estrella Galicia, Santiago Parra, Director do Centro Oceanográfico da Coruña, e Merce Carballo, Directora do Festival Mar de Mares. Toda a información e programación deste ano pode consultarse na páxina web http://festivalmardemares.org/ Esta oitava edición do Festival Mar de Mares terá lugar entre os días 23 e 26 de setembro e algunha das actividades deste ano desenvolveranse ata o 5 de novembro. Coincidindo neste 2021 co inicio da Década dos Océanos da ONU, Mar de Mares quere contribuír a impulsar as ciencias oceánicas, disciplinas que se dedican á exploración dos mares, ao seu estudo e á súa conservación. E farao desde disciplinas como a fotografía, a gastronomía, a música, o deseño, o cinema, entre outros. Segundo Merce Carballo, Directora de Mar de Mares, “desde a organización de Mar de Mares levamos oito anos traballando na sensibilización da importancia que teñen os océanos para as nosas vidas. Neste 2021 comeza a chamada Década dos Océanos da ONU, unha mensaxe de alerta internacional para impulsar a conservación dos mares e por isto, este ano poñemos o foco nas áreas mariñas protexidas.

Este Festival Mar de Mares completou un programa de máis de 30 actividades. Entre as novidades deste ano atópase a participación de Estrella Galicia, quen na súa aposta pola gastronomía con impacto positivo, se suma ao Festival coa organización dun Encontro entre os cociñeiros Ángel León e Javier Olleros. Segundo Manel Pérez Piñón, Director de Trade Marketing de Estrella Galicia, “Queremos axudar a comunicar ao canle de hostalaría a importancia da pesca de proximidade e de tempada. REDACCIÓN

07 sep 2021 / 18:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.