Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A pandemia e Pardo Bazán centran os XVI Encontros de Filosofía

Celebraranse dende
o vindeiro xoves ata o sábado na Facultade de Filosofía da USC

Santiago. A Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), en colaboración coa Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI), organizan do 18 ao 20 de novembro de 2021, no Salón de actos da Facultade de Filosofía (USC) os “XVI Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago. Pensar o mundo despois da Pandemia. Homenaxe a Emilia Pardo Bazán”.

Estes encontros, que naceron no ano 1993, celébranse con carácter bienal e contan este ano coa colaboración da Xunta, Deputación de A Coruña, a Sociedade de Filosofía da Eurorregiâo Galiza Norte de Portugal, e a USC a través da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos, a Facultade de Filosofía e o Grupo de Investigación Hermenéutica e Historia da Filosofía.

O comité organizador acordou dedicar esta edición a pensar o mundo despois da pandemia desde diversas perspectivas. Hai un antes e un despois da consideración do ser humano e do mundo logo da aparición da COVID-19, que será analizado por especialistas de diversos ámbitos. O congreso conta coa participación de profesores de Estados Unidos, Xapón, Francia, Italia, Portugal e España.

A sesión do sábado pola mañá está dedicada a pensar o mundo en feminino, con motivo do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Na devandita sesión farase entrega do III Premio Sapientia á profesora Purificación Mayobre Rodríguez (Universidade de Vigo, Campus de Ourense). O xurado internacional salientou tanto os seus traballos e publicacións dedicadas ao ámbito do pensamento galego, así como a súa investigación pioneira e iniciativas institucionais en prol da Filosofía feminista e de Xénero.

Ademais dos relatorios e comunicacións do programa celebrarase a exposición de pintura “Crónica de la pandemia”, do pintor Anto Chozas.

Presentación de libros. Tamén levaran a cabo a presentación de catro libros, entre eles a obra de Marcelino Agís Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la Interpretación, (Sindéresis), e a de Rocío Carolo La luz entre las tinieblas: Agustín de Hipona y Tomás de Aquino, (Sindéresis).

E o venres 19/11/21-12:30 h. a presentación dos libros colectivos Caminos del pensamiento japonés, SIFA/SENI, 2020; e ás 19:30 h. Acílio da Silva: Filosofía e utopía (II Premio Sapientia)

Homenaxe a desaparecidaMegumi Shiozaw, Premio Emilia Pardo Bazán 2021 e directiva da SENI (Sociedade Galega de Estudios Nipóns).

Confirmaron asistencia ao acto inaugural o reitor da USC, Antonio López, e no acto de clausura estará presenta Valentín García Gómez, secretario xeral de política lingüística e a a Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo. ecg

15 nov 2021 / 18:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.