Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A primeira longa de Álvaro Gago, ‘Matria’, ródase en Pontevedra

O realizador vigués continúa a historia da súa aclamada protagonista na curta homónima// Estrearase a finais do próximo ano en cinemas

A ópera prima do realizador galego Álvaro Gago retoma a historia da protagonista da súa aclamada curtametraxe homóminima cunha rodaxe que se está a desenvolver esta mesma semana en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañou o equipo artístico e técnico do filme Matria nunha visita institucional ao proceso de grabación da cinta. en representación da Xunta de galicia que participa na financiación da que é a primeira longametraxe do realizador vigués, cunha achega de 260.000 euros a Matriuska Producciones, mediante a liña de subvención a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. A produción da cinta tamén conta co apoio económico do departamento de Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio das axudas para a promoción do talento audiovisual galego e para a súa difusión en destacados festivais internacionais. Entre eles, o estadounidense de Sundance, onde Gago se alzou co gran premio do xurado en 2018.

A visita levouse a cabo na fábrica de conxelados Santamar de Pontevedra, unha das localizacións desta rodaxe, que se estenderá ata finais de mes por diferentes puntos das Rías Baixas. A produtora galega Matriuska asume a súa produción, xunto á madrileña Avalon e a catalá Ringo Media, cara á súa estrea en cinemas a finais de 2022.

A película afonda na historia de Ramona, a personaxe principal da devandita curta e que na longametraxe é interpretada pola actriz María Vázquez. Segundo explica a produtora, a protagonista vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible ata que coñece a Xosé, co que constrúe unha inusual e esperanzadora amizade.

01 oct 2021 / 18:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.