Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A primeira novela escrita en galego volve ás librarías

Literatura. A primeira novela contemporánea das letras galegas, Maxina ou a filla espuria, volve ás librarías cento corenta e un anos despois da súa publicación por primeira vez nunha edición especial que presenta a obra ao público lector do século XXI e inclúe a reprodución facsimilar do manuscrito conservado no arquivo da Real Academia Galega. Marcial Valladares (Vilancosta, Berres, A Estrada 1821-1903) escribiu Maxina ou a filla espuria dez anos antes, en 1870, pouco despois de rematar a versión inicial do seu Diccionario gallego-castellano, o primeiro gran dicionario da lingua galega e a obra que lle reportou un maior respecto entre os coetáneos. Pero o protagonista do Día das Letras Galegas de 1970 tamén foi gramático, desenvolveu unha notable recollida de cantigas e refráns, e mereceu un lugar destacado no Rexurdimento como pioneiro no uso do galego como poeta e autor de Maxina. A edición semifacsimilar da obra será presentada este mércores ás 19:00 horas no Teatro Principal da Estrada. A Editorial Galaxia volve levar ás librarías Maxina ou a filla espuria coa colaboración da Real Academia Galega e a secretaría xeral de Política Lingüística. A dixitalización do manuscrito conservado na RAG foi realizada por Unayta. Maxina ou a filla espuria publicouse por primeira vez en 1880, mesmo ano que saíu Follas Novas de Rosalía de Castro. ECG

07 sep 2021 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.