Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘A Revista’ recibirá no estudio o cantante e coreógrafo Xisco Feijoó

Tamén falará a mestra de Prehistoria na Universidade de Vigo, Beatriz Comendador

    Santiago. Este martes, A Revista (TVG) recibirá no estudio o cantante e coreógrafo Xisco Feijoó, que ven de comezar a xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico, Peixe. O álbum do galego trátase da súa primeira aventura en solitario, composto por dez cancións arredor da diversidade humana, no que se pon en valor a cantiga tradicional. Achegarase tamén ao magazine a arqueóloga e profesora de Prehistoria na Universidade de Vigo, Beatriz Comendador, que se encontra traballando actualmente nos xacementos Penedo Gordo e o Penedo do Gato. Vía telemática, a alumna de Belas Artes, Claudia Pineda Mesquida falará do corto da súa autoría que estará no Festival de Cannes. O programa da TVG desprazarase a Melide, onde está unha das oficinas móbiles da Garda Civil que prestarán apoio e atención aos peregrinos que realicen o Camiño de Santiago; e dende Baiona, os espectadores presenciarán as Xornadas pola solidariedade, organizada pola Asociación Miñorana de Emerxencia Social para recadar fondos para Elián, un neno de catro anos con Linfoma de Burkitt. ecg

    $!‘A Revista’ recibirá no estudio o cantante e coreógrafo Xisco Feijoó
    03 ago 2021 / 00:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    TVG
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.