Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Televisión de Galicia segue, un mes máis, como a líder da información

No pasado mes, a canle pública tivo un salientable 10,4% de cota no prime time

Santiago. A Televisión de Galicia (TVG) segue, un mes máis, como líder da información. Os informativos da canle pública galega foron en febreiro os máis vistos ao contar cunha audiencia media de 84.000 telespectadores, foron os que acadaron unha cota media superior en Galicia, dun 15,7%, e os que chegaron a un maior numero de persoas por informativo (cada un chegou de media a 133.000 espectadores). En febreiro, a TVG acadou unha boa cota do 10,4% na franxa do prime time e do 10,1% no conxunto do día, quedando dese xeito por quinto mes consecutivo por riba dos dous díxitos.

Os tres programas máis vistos no mes en Galicia foron informativos da TVG, destacando especialmente a faixa informativa do mediodía (Galicia Noticias e Telexornal Mediodía), en que de luns a venres a media foi do 22,9%, superando o seguinte competidor en 7 puntos de cota (Antena 3, cun 15,9% de cota). O Telexornal Serán tamén acadou uns moi bos resultados, cunha media no mes do 14,2%. ecg

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.