Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A traxectoria persoal de dous artistas composteláns

Trátase de J. Méndez Pitelos e César Lombera, figuras imprescindibles da bohemia santiaguesa en “Grazas á vida”

Grazas á vida emite hoxe, ás 17.25 horas na TVG 2, o seu capítulo 10, adicado á vida de dous recoñecidos artistas composteláns. Trátase do pintor e escultor J. Méndez Pitelos e César Lombera, un dos escultores con maior obra pública en toda Galicia, dúas figuras imprescindibles do pensamento bohemio de Santiago de Compostela.

O programa, encargado pola canle autonómica a Producións Celta, está presentado por Noa García, que conversará cos dous protagonistas xa xubilados que contarán as súas lembranzas vitais mentres percorren algúns dos lugares máis emblemáticos das súas vidas.

Deste xeito, os telespectadores coñecerán o percorrido de Méndez Pitelos, que escolleu como lugares para contar a súa vida o seu taller, que conserva no edificio onde viviu con seus pais e os seus sete irmáns e que veu nacer a súa vocación artística, que despegou en 1972, cando gañouo primeiro premio de pintura nun certame xuvenil estatal. A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo é a seguinte parada, na que Méndez se formou cando aínda era unha escola de artes e oficios. Escenógrafo para o Centro Dramático Galego e tamén en Madrid, esta actividade derivou nunha empresa, Escenoset, que fundou hai trinta anos xunto a Chicho Rivera –hoxe o seu director xeral–, Ernesto Chao, Eduardo Alonso, e Salvador Forján.

Pola súa banda, César Lombera, creador, entre outras esculturas, das míticas Marías da Alameda de Santiago, guía ós espectadores ata o seu obradoiro en Catoira, onde vive dende hai 35 anos, e onde atopou o refuxio ideal para crear as súas obras. O seguinte lugar no que se detén o seu paseo é a Taberna Vikinga, na que ten unha pequena tertulia e que comezou a frecuentar nos anos 90, cando era concelleiro en Catoira.Por último, Lombera visita co programa a Alameda de Santiago, onde se poden ver tres das súas obras: As Marías e as erixidas en homenaxe a Valle-Inclán e Díaz Pardo

25 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.