Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A última Ourense ICC Week contou coa visita de máis de nove mil persoas

Baltar destaca o éxito dunha edición da que continúan fitos como a exposición dos Beatles

Santiago. “Hai que falar con maiúsculas do éxito da Ourense ICCWeek”. Así destacou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no seu balance dunha oitava edición que aínda mantén abertas dúas actividades: a exposición Ao redor do Universo Beatle e a do mítico Alpinche, imaxe oficial deste ano do encontro.

Baltar incidiu que “aínda que non é un evento que nacera para contar as persoas que veñen, porque cre mais no tema cualitativo e da xente que ven, que cuantitativo”, non se pode pasar por alto que “estamos a falar de máis de 9.000 persoas, con eventos como o concerto dos Hombres G -ao que asistiron máis de 2.500 persoas- ou os outros 2.500 asistentes que sumaron os eSports, unha das estrelas da programación”.

Datos de asistencia que son os mellores obtidos pola ICC Week e as cifras seguirán crecendo nos próximos días, tendo en conta que a mencionada exposición do Alpinche estará aberta ata o 17 de maio e a dos Beatles, o 12 de xuño.

O presidente da Deputación definiu a ICC Week deste 2022 “coma a máis ourensá de todas elas” -con referentes da creatividade da provincia como o Alpinche, Jaime Noguerol, Mon Devane, cociñeiros ourensáns, o IES Vilamarín...”. Unha edición que lembrou foi a máis longa e “a máis diversa respecto as temáticas abordadas”, nunha programación completada dun xeito íntegro.

Tras salientar os bos resultados obtidos, Baltar indicou que “ademais, esta ICC Week deixa un pouso que queda no tempo”, destacando a exposición dos Beatles: “Xa saíu nos medios nacionais definida coma a mellor e máis completa mostra feita en España sobre este grupo mítico”.

E subliñou que non é unha mostra xa pechada: “Segue medrando, e bo exemplo é a recente incorporación da escultura de Ringo Starr. Firmada polo gran artista Álvaro de la Vega- que recentemente expuxo no Marcos Valcárcel- é a talla coa que estivo o beatle cando tocou na Coruña en 2018. Este é un exemplo do dinamismo que ten”.

Engadiu que “dinámico tamén é o futuro das marcas mais importantes e icónicas de Ourense como o Alpinche, que se mostra neste centro cultural xa recuperado. Sen dúbida responde a esa creatividade e a esa cultura de Ourense, neste caso no mundo do motor”, considerou. ecg

04 may 2022 / 19:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.