Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta apoia con 700.000 euros a promoción e a creación de novos produtos turísticos sustentables

DESTINO SEGURO. Co obxectivo de crear e comercializar novos produtos turísticos sustentables, a Vicepresidencia Primeira, a través de Turismo de Galicia, e o Clúster Turismo de Galicia veñen de asinar un convenio bianual que destina un importe total de 700.000 euros.

Este sábado presentáronse as principais liñas de traballo que xa se están despregando para seguir avanzando na adaptación e mellora da rendibilidade do sector turístico galego. O acto, no que participou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, serviu tamén para dar a coñecer exemplos de produtos turísticos sustentables actuais. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a necesidade de que o sector siga traballando no cumprimento da folla de ruta trazada no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro, no que a sustentabilidade é un dos seus piares fundamentais, “unha sustentabilidade entendida en 360 graos, desde un punto de vista social, económico e medioambiental, que nos permita dar resposta ás novas necesidades e sensibilidades do viaxeiro construíndo novas propostas de recuperación”, explicou Nava Castro. O sector apoiarase na dixitalización como elemento transversal imprescindible nun proceso de transformación do sector turístico “que conta e seguirá contando co apoio do Goberno galego”.

Entre as actuacións previstas no marco deste convenio -que conta cun orzamento de 200.000 euros para este ano e os restantes 500.000 euros para 2022 atópase a creación dun Club de Produto Turístico Sustentable, así como as labores de apoio para a súa posta en marcha, definición e apoio á comercialización tanto a nivel maiorista como de receptivo.

O convenio prevé a creación e distribución de material de promoción a través de turoperadores a axencias e a organización de viaxes de familiarización e prescrición, para dar a coñecer estes novos produtos e servizos. ECG

31 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.