Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta e a Fundación Paideia, unidos nunha aceleradora de música

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a presidenta da Fundación Paideia Galiza, Sandra Ortega, asinaron un convenio de colaboración mediante o que esta entidade será a encargada da xestión da nova Aceleradora Cultural de Proxectos Musicais, a través da que a Xunta investirá 240.000 euros no sector co obxectivo de impulsar ata 12 propostas de artistas e grupos galegos.

A selección de Paideia é o resultado dun proceso público, en réxime de concorrencia competitiva, iniciado a mediados de novembro como primeiro paso para a posta en marcha desta aceleradora musical co obxectivo de estimular a profesionalización do sector e de impulsar a carreira de artistas emerxentes. Ao tempo, continúa aberto ata o vindeiro 28 de decembro o prazo de solicitude para profesionais autónomos e microempresas musicais galegas, cun máximo de cinco anos de actividade neste ámbito, cara á selección de entre catro e 12 proxectos para participar nas diferentes fases desta iniciativa.

Investimento do 80%. En virtude do convenio subscrito hoxe, a Xunta asume o 80% dos custos das actividades de aceleración a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e ao abeiro dos fondos Next Generation EU e do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Deste xeito, destínanse preto de 180.000 euros ás diferentes accións destinadas a facilitarlles aos participantes as ferramentas necesarias para o desenvolvemento das súas carreiras, mentres que os 60.000 restantes corresponden aos gastos de xestión.

Pola súa banda, a Fundación Paideia asumirá a organización deste programa arredor de dúas fases, comezando por unha etapa de consultorías individualizadas e grupais, tanto presenciais como telemáticas, que incluirán diferentes accións de mentorización arredor de cada un dos proxectos seleccionados co foco posto na proposta artística, produción, promoción, comercialización e modelo

20 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito