Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abre nova temporada o santiagués Salón Teatro

estrea. Crónica dunha heterosexual insatisfeita abre a nova tempada do Salón Teatro de Compostela despois da crise sanitaria. Volve aos teatros unha estrea, coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego.

A compañía comezou onte unha semana de residencia artística, e logo da estrea do sábado 4 e domingo 5 de xullo , comezan a súa xira.

Crónica dunha heterosexual insatisfeita é unha creación de María Ángeles Igrexas, que dirixe e interpreta. Esta obra convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros pre establecidos que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas.

Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a “ser” da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer. En tanto creación artística, a intención é poñer luz sobre iso que está oculto, conmover e xerar espazos para a reflexión coa contundente ferramenta do humor.

Trata dunha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada.

Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.

Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para reoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez. ECG

29 jun 2020 / 21:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito