Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumni otorga o seu galardón de narrativa ao escritor Marcos Dios

O recoñecemento está dotado con cincocentos euros donados polo hospital HM Rosaleda

Santiago. Alumni outorgou a décimo cuarta edición do Premio Relato Curto a Marcos Dios Almeida (Vigo, 1975), polo seu orixinal titulado Nautas. A peza conta como o desprezo do home pola Terra, nun futuro apocalíptico, deviu nun cambio climático atroz e nunha guerra nuclear.

Entre tanto, a humanidade queda reducida a un fato de homes e mulleres cuxa principal motivación no día a día é simplemente sobrevivir.

O recoñecemento está dotado con 500 euros donados polo hospital HM Rosaleda, aínda que o acto de entrega houbo de ser aprazado sen data polas razóns pandémicas.

O xurado resaltou a capacidade do autor á hora de presentar unha historia orixinal, de ficción científica e cun léxico rico en lingua galega. “O autor –engade a acta do fallo– retrata a idea dun desastre futuro cun estilo no que ocupa un lugar destacado o emprego de preguntas coas que dá entrada tanto a personaxes de nomes sonoros e singulares coma a elementos clave para avanzar na trama. En suma, foi capaz de narrar unha historia redonda en poucas páxinas, e de crear expectativas de sorpresa no lector a través do que non conta”.

Marcos Dios é debuxante e escritor que reside en Vigo, cun cuarto do seu sangue de orixe portugués e os outros tres restantes das vilas mariñeiras de Bouzas, Ribeira e Muxía, é técnico en gráfica publicitaria pola Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, na actualidade traballa como ilustrador e deseñador gráfico, ECG

07 may 2021 / 17:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.