Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplíase a colección Clásicos da emigración cunha obra pioneira

Santiago. Luisa Cuesta foi unha pioneira nos estudos americanistas e todos os que estudamos os vínculos con América bebemos deste texto”, asegurou a historiadora Pilar Cagiao, autora do estudo introdutorio do libro La emigración gallega a América. É o último volume en incorporarse á colección Clásicos da Emigración que promoven o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeral da Emigración.

Os titulares de ambas entidades, Rosario Álvarez e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente, xunto co director do Arquivo da Emigración Galega, Xosé Manoel Núñez Seixas, presentaron este novo volume que axuda a mellorar o coñecemento do fenómeno migratorio. A publicación xa se pode descargar desde o web do CCG.

A presidenta, Rosario Álvarez, destacou na presentación a importancia de rescatar este título que “sentou os primeiro alicerces da actual e puxante historiografía galega das migracións”.

Antonio Rodríguez Miranda destacou a figura de Luisa Cuesta, recordando “quen, nunha época na que as mulleres non eran habituais neste tipo de profesións, foi capaz de presentar non unha, senón dúas teses vencelladas a historia de América”.

Pilar Cagiao foi a autora do estudo introdutorio e dixo que “estamos ante unha muller pioneira e á que lle debemos un traballo intenso”. ecg

10 mar 2022 / 17:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.