Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aprobadas subvencións ás industrias culturais

Santiago. A Xunta de Galicia aprobou onte tres liñas de subvencións ás industrias culturais cunha dotación total de case 600.000 euros e centradas en activar o desenvolvemento de novos proxectos audiovisuais, así como dotar de liquidez as empresas creativas galegas para o pagamento de gastos de asistencia a foros cinematográficos e de distribución de espectáculos realizados con anterioridade ao estado de alarma.

Estas medidas, que forman parte do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da crise provocada polo covid-19, quedaron materializadas onte na reunión do Consello Reitor da Axen-cia Galega das Industrias Culturais (Agadic) presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e serán publicadas no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días. ECG

19 may 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito