Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As entradas de Neira Vilas e Mariví Villaverde incorpóranse ao Álbum de Galicia

Ambos desenvolveron unha longa e destacada traxectoria profesional e persoal en América

Santiago. O Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), inclúe a traxectoria do escritor e intelectual Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, Pontevedra, 1928 – 2015). Ademais, coincidindo co centenario do seu nacemento, incorpórase tamén a da escritora e activista pola memoria histórica Mariví Villaverde Otero (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1922 – Ribadumia, Pontevedra, 2017). A primeira das biografías é autoría de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, mentres que a segunda está asinada pola escritora Marga do Val.

As dúas entradas do Álbum de Galicia que se incorporan esta semana son as de dúas persoas que desenvolveron unha longa traxectoria profesional e persoal en América pero que regresaron e implicáronse na vida social e cultural do país. Xosé Neira Vilas, nado en 1928 no seo dunha familia labrega, cunha infancia marcada pola precariedade económica e polos patróns sociais e culturais propios da comunidade rural galega de principios do século XX. Estas vivencias constituirán, co paso do tempo, a parte esencial da súa obra narrativa, coa que alcanzou “unha popularidade inédita no sistema literario galego contemporáneo, grazas, en moi boa medida, á mestría coa que nela se evocan e recrean os códigos, as cosmovisións e mesmo as fallas do mundo do campo da época”, tal e como subliña Valentín García Gómez, autor da entrada.

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito