Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘As mans comunican’ da Crtvg pon o foco na lingua de signos

Esta semana as #AcciónsG poñen a ollada na accesibilidade
e na protección da identidade linguística de todas as persoas

Santiago. Esta semana, as #AcciónsG da Crtvg poñen a ollada, sempre transversal, na accesibilidade cunha campaña de sensibilización e divulgación arredor da celebración do Día Internacional das Linguas de Signos de Nacións Unidas, o 23 de setembro, data que salienta a protección da identidade lingüística e a diversidade cultural de todas as persoas xordas.

Con #AsMansComunican, e no marco das súas #AcciónsG de Responsabilidade Social Corporativa, a Crtvg quere contribuír a divulgar a importancia da accesibilidade da comunidade xorda galega e o coñecemento da lingua de signos (LSE), cunha campaña composta por vídeos e accións nas redes sociais, pílulas informativas e espazo en todos os medios da Corporación. A campaña desenvolverase arredor do Día Internacional das Linguas de Signos e visibilizará o 10º Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, referente á Redución das desigualdades.

Contando coa colaboración de persoas xordas galegas, intérpretes de LSE e a Federación de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), os espectadores da TVG e os seguidores das súas redes sociais e diversas canles dixitais nas que a corporación ten presencia van poder aprender termos útiles nesta lingua e coñecer o día a día de persoas xordas de todas as idades, nunha iniciativa que quere facer máis visible a esta comunidade e os seus dereitos. Mañá xoves, o informativo Bos días entrevistará ao presidente da Faxpg, Iker Sertucha, nunha conversa sobre a realidade das persoas xordas galegas e a importancia de visibilizar a súa situación e integración social en todos os eidos, social, educativo, profesonal e laboral, entre outas.

A campaña #AsMansComunican contará cun espazo propio na web da Crtvg, con vídeos e pezas didácticas nas redes sociais, e ata o proxecto #DígochoEu, se sumará yamén a ela a través dun capítulo especial, ao igual que se realizará nos distintos espazos da Radio Galega.

Televisión de Galicia emite os seus dous informativos principais darios en lingua de signos: o Telexornal mediodía e o Telexornal serán, de luns a venres (en redifusión pola G2), con intérprete de LSE e total accesibilidade para o colectivo de persoas xordas de Galicia.

Os dous informativos están tamén dispoñibles en www.crtvg.gal, accesibles a calquera hora a través da biblioteca de contidos que se pon a disposición dos espectadores no enderezo web.

Deste xeito, a Crtvg continúa o labor de achegar os medios públicos á toda a sociedade, dándolle un valor engadido ao seu traballo no eido da accesibilidade, en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (faxpg). As #AcciónsG da Corporación son campañas e iniciativas coas que se quere contribuír a lograr unha sociedade mellor e máis responsable.

Dende 2018, a Crtvg busca dar visibilidade aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) difundíndoos en Galicia a través destas campañas que presentan o sentido público que mantén a corporación, sempre a través de contidos, proxectos e programas que xeren valor social ou contribúan á solución de retos sociais e que xa foron recoñecidas con dúas mencións de “Boa Práctica” polo Pacto Mundial de Nacións Unidas. REDACCIÓN

23 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.