Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Avanza a candidatura para que a Unesco declare a Cabo Ortegal Xeoparque Mundial

A Deputación da Coruña presentou
o proxecto xunto aos concellos e a Xunta

A candidatura do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal avanza cara a declaración da Unesco despois da presentación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que deixou á vista a colaboración institucional na defensa da iniciativa.

O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, agradeceu o compromiso dos concellos e a Xunta e defendeu os valores dun novo produto turístico que supón un recurso de desenvolvemento económico sostíbel asentado sobre o tesouro xeolóxico milenario.

Na súa intervención no acto central da Deputación da Coruña en Fitur, Xosé Regueira, destacou a urxencia de consolidar o camiño da recuperación do sector turístico e mostrou o seu convencemento de que Fitur contribuirá a posicionar os recursos do territorio da provincia da Coruña que ofrece destinos que responden ás actuais demandas do turismo como calidade, seguridade e non masificación.

Neste sentido, a presentación do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal supón levar á Fitur, “un territorio turístico consolidado, cunha oferta variada, de altísima calidade e extraordinariamente auténtica, tanto no monumental como no cotiá, no paisaxe e na xente”.

“O recoñecemento Unesco non só é fundamental para o desenvolvemento da estratexia turística na que concellos, Deputación, Xunta e sociedade estamos colaborando, senón tamén para presentar o que xa é unha realidade”, explicou Xosé Regueira.

O presidente da Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal e alcalde de Valdoviño, Alberto González, en representación dos sete concellos que participan da iniciativa, destacou os extraordinarios valores paisaxísticos e xeolóxicos do territorio.

Alberto González destacou que Fitur supón unha oportunidade para dar a coñecer o proxecto e un chanzo de cara ao recoñecemento da Unesco.

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, mostrou en Fitur o apoio á candidatura de Ortegal e destacou que contar coa declaración de Xeoparque Mundical da Unesco suporía “non só garantir a conservación deste territorio, que conta cun patrimonio xeolóxico único, se non tamén nos permitiría contar cunha panca dinamizadora do conxunto do territorio”.

Ao que añadiu que “sería unha grandísima noticia para Galicia. Así o valoramos desde a Xunta de Galicia cando enviamos o noso apoio á proposta da Deputación da Coruña en abril do ano pasado e así seguiremos facéndoo”.

No acto que se desenvolveu en Fitur, e no que estaban representantes dos concellos do proxecto, o xeólogo Fran Canosa ocupouse de destacar desde o punto de vista científico a singularidade do Cabo Ortegal e os fenómenos xeolóxicos que fan único o territorio.

“Estamos diante dun territorio singular, con materiais moi pouco habituais na superficie da terra, que formaron parte dun antigo océano ou mesmo de zonas moi profundas do planeta, atopamos rochas que, nalgún caso se corresponderían a máis de cen quilómetros de profundidade, moi difícil velas desta maneira”, explicou Fran Canosa.

19 may 2021 / 19:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.