Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aventuras da ciencia convertidas en literatura

    A barcelonesa editorial Anagrama agasállanos neste mes cun libro ben singular: Un verdor terrible. Un libro que tirará do lector desde a primeira páxina, cun fío condutor que sutura a ciencia nas súas pescudas, escárceos e hipóteses e as transformacións que para ben ou para mal insire no mundo e na nosa visión do mesmo, coa literatura. Todo mesturado con doses de ficción, porque desde a mecánica cuántica ou desde cada personaxe, data, acción ou consecuencia todos,rematan disoltos na incerteza da ficción. Endalí que neste libro é literatura. Un libro que fala da fermosura da ciencia, mais tamén das súas consecuencias nefastas. Benjamín Labatut, naceu en Rotterdam, mais arestora está establecido en Chile.

    En catro maxistrais relatos, cruzando historia e ciencia, esperanza e terror, compón un verdadeiro labirinto literario a través da vida de físicos, matemáticos e astrónomos; varios deles personalidades excéntricas ou esquivas, seres entre o xenio e a tolemia que revolucionaron e moldearon o século XX. O autor olla no libro o camiñar da ciencia, desde hai máis de cen anos, ata os primeiros anos trinta do pasado século.

    Neste libro estraño, sobre ideas estrañas e meso extravagantes, circulan descubertas reais que,ende mal, forman un longo ronsel turbador: o descubrimento do azul prusia, creado no século XVIII que se converteu no cianuro de hidróxeno co que se suicidaron moitos nazis e que o químico xudeu alemán Fritz Haber transformou no gas Zyklon co que os nazis exterminarían a milleiros dos seus compatriotas e a membros da súa propia familia.

    As explicacións matemáticas de Alexander Grothendieck que o impeleron ao delirio místico e á loucura. Tamén a carta que un amigo moribundo, no foxo da Primeira Guerra Mundial, lle fixo chegar a Einstein coa solución das ecuacións da relatividade e o primeiro agoiro dos buracos negros.

    E finalmente a contenda entre os fundadores da mecánica cuántica (Schödinger e Heisenberg) que xerou o principio de incerteza. Neste tempo caótico e turbulento, un libro coma este -libro de relatos enmascarado en ensaio- debería facernos pensar se o soño do absoluto chegará por conducirnos aos máis temibles pesadelos, a non ser que as ciencias físicas comecen a se apercibir das súas propias limitacións.

    15 sep 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.