Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Balance moi positivo da Casa dos Poetas do 2021

FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ En febreiro de 2021 cumpríanse 15 anos desde a apertura ó público da casa familiar de Manuel Curros Enríquez, situada na rúa Curros Enríquez 37 de Celanova, coñecida actualmente como Casa dos Poetas. É unha entidade cultural sen ánimo de lucro a encargada de atender a visitantes, organizar actividades e promover en xeral a vida e obra dos autores nacidos na terra de Celanova.

Co paso dos anos a fundación foi gañando funcións e volcándose cada vez máis na colaboración co Concello de Celanova en canto á atención de visitantes na vila.

Ademais de manter abertos espazos como a Torre da Homenaxe e a Cova de San Vivián en Vilanova dos Infantes durante todo o ano, é habitual que o persoal colabore na atención de grupos concertados no Mosteiro de Celanova, organice subidas á Torre das Campás e actividades de órgano na igrexa xunto coa parroquia.

O balance de actividade no 2021 finalizou cun resultado acorde coa pandemia.

O número de persoas atendidas foi de 7.574 persoas. Cifras que remontan ós anos 2015-16 e que se achegan ás 13.000 anuais coas que rematou no 2019.

Os espazos con máis afluencia no 2021 foron o Mosteiro de Celanova, no que atendeu 2.493 visitantes en 99 grupos e a Torre de Vilanova dos Infantes que recibiu 2.778 visitantes. ecg

23 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.