Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bamboleo tivo este sábado a Ruth Lorenzo e Brais Morán

A primeira interpretou en directo algúns dos temas que forman o seu último disco e o segundo presentou un avance do seguinte

O programa Bamboleo da CRTVG contou este sábado con Ruth Lorenzo, unha das voces máis potentes do país e que deleitou coa súa voz a todos os espectadores, así como a aqueles que a puideron ver in situ. Interpretou en directo algúns dos temas que conforman o seu último disco, que constitúe un canto á liberdade. Hai que destacar dela que é unha cantante, compositora e presentadora coñecida pola súa participación no concurso The X Factor en 2008 e por representar a España no Festival de Eurovisión en 2014. Foi escollida nunha gala de preselección na que competía con outros 4 candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2014 co tema Dancing in the Rain, e finalizou na novena posición. En outubro dese mesmo ano, lanzaba o seu álbum debut, Planeta azul, que logrou alcadar o n.º 1 en iTunes España. Este disco foi reeditado baixo o título Planeta azul: edición especial en 2015, engadindoo na reedición versións de cancións do disco anterior e temas inéditos.

BRAIS MORÁN. Brais Morán foi outro dos convidados na noite do sábado no Bamboleo, onde presentou un avance do seu próximo disco, no que o funk é o ritmo estrela, con temas como Nasaufunk Mameluca. Hai que destarcar del que é licenciado en Historia da Arte e mestrado en Museoloxía e Crítica Contemporánea. Morán iniciou a súa carreira musical en 1997 tocando a guitarra eléctrica en Zumbido, aínda que non foi membro estable deste grupo de punk rock experimental. Despois, en 2005, foi un dos fundadores e integrantes de Loretta Martin, unha banda de funk coa que editou tres discos. En 2015 sacouu en solitario Cruzando o eclipse, e en 2018 o seu segundo álbum, No Mato do desespero.

Di de si mesmo que ten influencias do rock, o funk, a música brasileira, a música africana e a tradición galega. Tamén recoñece influencias de Narf.

Ademais, os ritmos da orquestra Triunfo amenizaron a festa do sábado pola noite. No tempo dedicado ao baile profesional, Alberto e Melani, bailaríns de Cee, ofreceron unha exhibición de bachata e outra de merengue, disciplina que por certo, se proclamaron subcampións do mundo en Varsovia.

A JRILEIRA. Mentres, na sección do programa A Jrileira competiron dous clubs deportivos: A Peroxa Club de Fútbol e o Cesures Fútbol Sala. En primeiro lugar, cantaron Sabor de amor, de Danza Invisible, e despois tiveron que adiviñar o maior número posible de intérpretes no tempo establecido.

ITV DO AMOR. Nesta sección un participante do público tivo que adiviñar quen é a parella de Pablo en función das respostas de tres amigas. Os colaboradores do programa, Isi, Damián, Tamara e Javier Varela, foron partícipes desta proba e analizaron cada comentario que puidese dar algunha pista.

Hai que lembrar que Bamboleo é un programa da CRTVG con música e baile presentado por Xosé Manuel Piñeiro. No estudo de gravación distínguense cinco sets, cunha presenza de público próxima ás 200 persoas e diferentes actuacións con artistas das máis variadas procedencias e experiencia.

Neste programa, que está dirixido a unha audiencia de todas as idades, gózase da música de grupos pop galegos da máxima actualidade e que están en auxe.

04 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.