Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Berro unánime para alabar un “traballo excepcional”

Cinco votos tumbaron a ilusión de todo un país, pero non venceron o orgullo que despertaron As Tanxugueiras

Cinco votos tumbaron a todo un país. Esa é a sensación que deixou o resultado final do Benidorm Fest. Un xurado formado por cinco supostos profesionais marcou o destino do próximo representante de España en Eurovisión, que finalmente resultou ser unha canción con ritmo latino e unha letra que en nada se identifica con ningún curruncho de este país. As normas dictadas por TVE estaban feitas para anular a decisión do voto popular, que se volcou coas Tanxugueiras. Pero en ningún momento foron quen de apagar o éxito do grupo formado polas irmáns xemelgas Olaia e Sabela Maneiro, de Teo, e Aida Tarrío, de Ribeira.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou ó trío polo seu “traballo excepcional”. A través da súa conta de Twitter o mandatario galego asegurou que “o conseguido é moito”. “No Benidorm Fest demostráchedes que non hai fronteiras. Emocionáchedes a xente de fora de Galicia e conseguíchedes que moitos sentiran que Terra, unha muiñeira e en galego, pode representar a España en Eurovisión”.

Pola súa banda a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tamén felicitou ó grupo galego Tanxugueiras porque cre que “gañaron claramente” o festival. Coa súa muñeira en galego conseguiron “algo que é moi importante”, como é “unir a todos os galegos na súa lingua e a súa cultura”. Por iso, Ana Pontón asegura que “gañaron o festival aínda que non vaian a Eurovisión” e manifestou o seu “orgullo como galega” polo traballo que fixeron “ó longo de estos meses coa súa canción Terra”. “Creo que son as mellores”, afirmou Ana Pontón.

En nome da Xunta de Galicia desplazouse a Benidorm o secretario xeral de Política Lingüística, Valentin Garcia, quen calificou a experiencia como “moi emocionante”. “As Tanxugueiras deron unha lección. Despois de baixar do escenario sorprenderon na festa bailando e atendendo a todo o mundo mentras que outras favoritas marcharon de contado”.

Para Valentín García ”conseguiron que algo tan marcadamente galego lle gustara a todo o mundo. A potencia coa que estiveron no escenario foi fascinante. Mostraron unha parte do noso sistema cultural dun xeito auténtico con aplomo e valentia”.

A presidenta da Asociación A Mamoa, de Teo, na que se formaron as irmás Olaia e Sabela Maneiro, recoñece que “vivimos a actuación con ilusión e emoción e estamos moi contentos do que conseguiron. A actuación foi espectacular e o que lograron é moi importante porque deron a conocer a cultura popular de Galicia”.

A actitude do suposto xurado profesional, que non fixo máis que deixar en evidencia a TVE por un sistema de votación que demostrou ser absurdo, non extrañou. “Despois do sucedido na semifinal xa sabiamos que era moi difíil que rectificaran”.

E se ben o Concello de Teo colgou da fachada do consistorio unha pancarta de apoio ás Tanxugueiras, o portavoz do PP, José Manuel Guerra, manifestaba nas redes que “non puido ser. Pero non importa. O que fixeron foi épico e eso ninguen llo quita. Foron as gañadoras do público, do pobo... e do noso corazón. E iso é o máis importante. A nosa música rompe fronteiras, a das Tanxu e, como dicia o outro día, a de centos de teenses e ducias de asociacions que levan décadas levando o nome de Teo alá onde van. O que penso do xurado, reservomo para min”.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta

“Foi un traballo excepcional. O conseguido é moito. Demostráchedes que non hai fronteiras”

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

“Conseguiron algo que é moi importante, unir a todos os galegos na súa lingua e a súa cultura”

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

“A potencia coa que estiveron no escenario foi fascinante. Mostraron unha parte do noso sistema cultural dun xeito auténtico”

31 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito