Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Blanca Riestra, gañadora do premio Blanco-Amor con ‘Aquí empeza o mar’

Santiago. A escritora coruñesa Blanca Riestra é a gañadora do XL Premio de novela longa Eduardo Blanco-Amor pola súa obra Aquí empeza o mar, presentada baixo o lema O sumidoiro, e na que retrata á cidade da Coruña a través de diversos momentos da súa historia. A novela gañadora foi seleccionada de entre un total de 37 orixinais presentados a este certame, que organiza a Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco Amor e que está dotado cun premio de 15.000 euros.

O xurado, reunido no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense), valorou de xeito unánime que a novela “entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares”, destacando a elección da cidade da Coruña “como gran personaxe colectiva en varios momentos da súa historia recente, retratándoa cun xeito moi orixinal e vívido, magnético e a través dun estilo que combina con mestría xéneros como a literatura de autoficción, o xornalismo ou a novela da memoria, sen perder nunca como faro literario a forza da subxectividade”. Todo isto, engade a acta, enriquecido “cun relato xeracional onde se reflicten con acerto as vivencias de protagonistas ficticios, mais tamén reais”.

Riestra (A Coruña, 1970) é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e doutora pola de Borgoña (Francia). ECG

26 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.