Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, esta noite

A competición conta coa colaboración de Pili Pampín, Lito Garrido, Lucía Pérez e Mon e Ula, do grupo Monoulious DOP

Baixo a batuta de Paco Lodeiro, A Liga dos Cantantes Extraordinarios na TVG suma hoxe unha nova xornada de competición, con Pili Pampín, Lito Garrido, Lucía Pérez e Mon e Ula, do grupo Monoulious DOP, afanados en atopar o mellor artista da verbena galega, aquel ou aquela capaz de convencer o público de todas as idades.

No quinto programa, este espazo presentará a Ruth Núñez, unha cara máis que coñecida no mundo das verbenas, a única muller que estivo en todas as grandes orquestras de Galicia: Olympus, París de Noia, Panorama... e que agora milita en La Ocaband.

O espazo da TVG tamén recibirá esta noite a Ángel Hasegawa, un venezolano con ascendencia xaponesa e pertencente á formación Cinema. Competirán por facerse finalistas con Laura Añón, da orquestra Finisterre; Danni Lamas, de Kubo; Diego Moreira, da París de Noia; Noly, de Los Satélites; Antonio Barros, de Kubo, e Iria Quintáns, de Maremagnum. Ademais, o estudio converterase no campo de festa, cunha verbena moi especial.

Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, A Revista recibirá a visita do músico Carlos Núñez, que presentará o seu novo disco ao final desta semana. Da man da gaita e as frautas, o artista galego considérase un mestre da música popular a nivel internacional polo seu traballo enraizado e pluricultural.

Con motivo do acordo entre a consellería e a entidade Agalcari para o desenvolvemento de actividades de recuperación, conservación e divulgación da construción naval en madeira, o magazine da TVG conversará no estudio cun representante da Asociación Galega de Carpintería co obxectivo de afondar nesta cuestión de protección do patrimonio cultural.

Tamén no programa de hoxe, os espectadores coñecerán os restos de Aquis Querquennis, un campamento militar romano que, en ocasións, desaparece baixo as augas por mor das subidas do embalse das Conchas.

Ademais, a mestra Mercedes Nodar achegará algúns consellos útiles para as hortas e o ‘showman’ Isi participará nos temas que se poñan sobre a mesa e comentará as noticias do corazón máis destacables que acaba de sacar á rúa a prensa rosa.

E no Bos dias que presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía, van ter fos faladoiros de hoxe intervirán Roi Rodríguez (xornalista de EL CORREO GALLEGO), Pepe Arias, María Méndez e Juan Carlos Piñeiro.)

E en A miña familia pola tua, chega unha divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. Os espectadores coñecerán dúas novas familias opostas. Uns, pais novatos e estritos coa educación dos seus fillos; os outros, con máis experiencia e flexibles á hora de educar. Intercambiarán as súas vidas Lucía, partidaria do diálogo e da independencia nas relacións familiares, e Tamara, acostumada a dirixir a súa familia.

29 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.