Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega ao Auditorio Mar de Vigo o espectáculo ‘El amor de mi vida’ de Paz Padilla

Está baseado no seu libro de mesmo título, no que a actriz e presentadora reflexiona sobre a morte da súa nai e a súa parella

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o venres 10 e o sábado 11 de febreiro El humor de mi vida, o novo espectáculo da actriz e presentadora Paz Padilla, onde rende homenaxe ao seu esposo falecido. Padilla creou esta obra a partir do libro homónimo que escribiu, como parte dun proceso de dor ante a perda dun ser tan querido.

El humor de mi vida é un espectáculo para rir e chorar e para aprender a enfrontarse aos golpes que dá a vida, “sen perder o sentido do humor nin o sentido común”, según ten explicado a artista.

Despois de varias parellas, Padilla atopou a Antonio, o amor da súa vida, que xa fora o seu mozo con 14 anos; pero os días de felicidade torcéronse cando lle foi detectado un tumor cerebral que remataría coa súa vida en 2020. Nun curto período de tempo, Padilla perdeu ao seu amor e a súa nai. Estas tráxicas circunstancias guiárona a un proceso para reflexionar con humor ante a morte. Este proceso levouna a escribir primeiro o libro El humor de mi vida, e despois a convertilo nun emocionante monólogo teatral co que está enchendo os teatros das grandes cidades españolas.

A artista gaditana Paz Padilla deuse a coñecer para o gran público a finais dos anos 90, coas súas aparicións televisivas no popular late night Crónicas Marcianas en Tele5, conducido por Javier Sardà. Desde ese momento, a súa carreira como actriz e presentadora de televisión non deixou de medrar. Ten protagonizado series de gran audiencia como Mis adorables vecinos, actuado en películas como A todo tren, dirixida por Santiago Segura, e, sobre todo, como rostro visible do popular programa Sálvame de 2009 a 2022.

Aposta polos grandes humoristas. A actuación de Paz Padilla enmárcase dentro dunha programación na que o Auditorio Mar de Vigo trata de achegar a moitas e moitos dos grandes humoristas do momento. Despois do exitoso paso dos míticos Les Luthiers o pasado mes de outubro, este domingo 11 de decembro chega a representación de La Bella y la Bestia de La Barbarie Teatro, con dúas funcións, e a próxima actuación de Dani Martínez o 17 de decembro, para o cal as entradas levan semanas esgotadas.

No mes de febreiro, ademais da actuación de Paz Padilla os días 10 e 11, por agora tamén está confirmado que pasará polo Mar de Vigo El sentido del humor, o show que reúne no escenario a tres dos grandes cómicos españois, como son Florentino Fernández, José Mota e Santiago Segura. Só hai programada unha única función, que será o vindeiro sábado 25 de febreiro.

08 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito