Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 10 agosto 2020
17:32
h

‘Codeseira’, de Crecente Vega, en edición facsímile

Poesía. O pasado venres 26 de xuño presentouse no Seminario de Mondoñedo o facsímile da primeira edición do poemario Codeseira, publicado en Santiago de Compostela en 1933.

A presentación tivo lugar durante un acto en memoria do seu autor, Xosé Crecente Vega, celebrado na sala do Seminario que leva o seu nome. Durante o mesmo, representantes de diversas asociacións culturais analizaron a traxectoria de Crecente Vega, a súa obra e as accións desenvolvidas nos últimos tempos, encamiñadas a difundir o seu legado e a propoñer que a próxima edición do Día das Letras Galegas recoñeza o labor deste poeta de Castro de Rei.

En 1996, polo centenario do seu nacemento, o Seminario de Mondeñedo e un grupo de asociacións e investigadores promoveron o mesmo fin, publicaron novos estudos e poemarios e organizaron o traslado dos seus restos á parroquia natal de ponte de Outeiro, en Castro de Rei.

Nos últimos anos véñense sucedendo actos de honra na súa obra e lembranza da súa figura, entre os que salienta a tradución deste poemario Codeseira ao inglés, que será presentado o vindeiro 2021, data na que se fan os cento vinte e cinco anos do seu nacemento. ECG

08 jul 2020 / 21:17
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito