Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“ Come bianca neve...”

    “Eu son Danae. Núa caía no leito come bianca neve scende senza vento”. É un verso que Álvaro Cunqueiro tira de Cavalcanti -contemporáneo de Petrarca- para un poema que o mindoniense publica en Herba aquí, herba acolá. Hai ironía neste poema nas brancas mesas marmóreas. Si señor, pero é un extraordinario camiño que verque o poema ao seu gusto e saber. Danae é a fermosa filla de Euricide, raíña de Argos. A escena recóllea Tiziano nun cadro que podemos ver no Museo do Prado.

    O deus Zeus encaprichouse da beleza de Danae, e trocado en varón de carne e óso para se burlar daquela dama, outrora fermosísima, para amolala e fender a súa virxinidade, é desvirgada polo Deus, ninguén das tarbernas que percorre a senecta e outrora fermosa, cre no que conta a vella dama e “chinchan unha moeda no mármore”. Espídese e desposúese, “déixome caer núa na herba”, aínda soño que el volve, e tiro a roupa e déixome caer núa no herbal. “Nin escoito as súas risas, pro déixome caír”. “ Xa vou vella e digo que fun desvirgada por Zeus, e non deixo de repetir que fun desvirgada polo Deus”.

    A vella Danae, coma escachan coa risa as atentas xentes das tabernas/ou tendas con traseira. Cegos e xordeiros, non poden ou non queren escoitar ren; e ela séntese ferida, a burla é negra, a ironía, a degradación da fábula sen conducta moral entón representada por Álvaro Cunqueiro que non pode crer que a muller que se fai pasar por delirante dama senecta de outrora xoga por algún grolo nostálxico e un anaco ou dous de agarimo e respecto, e o fabulador Cunqueiro, ao xeito, entón de imitar a outro bon coñecedor da mitoloxía grega dende antes e despois do aeda Homero, faina pasar, cecais, polas tabernas de Mondoñedo... Ou por que non polas de Lugo ou Vigo? que ao cabo de tantos anos visitou. Con exóticas féminas, aquela dama mitolóxica ben coñecida polo nome de Danae, que en tódolos lugares onde houber brancas mesas de mármore para diversos xogos, tamén servía para bater moedas que arrebatadamente facíán retornar a coitadiña Danae a aquel soño de outrora... Un feliz e a un tempo tristeiro pesadelo. “Xa vou vella”, non deixaba de exclamar, pero aínda “soño”, dicía, que el retorna, e volvo a seren desvirgada felizmente polo Deus.

    Iso hoxe sería conducta e motivo de Xulgado de Garda, por máis que o tal Deus quixese el pasar por algún deus maior ou menor. Con todo, quen escribe insiste en que o poema é preciosísimo, e Álvaro Cunqueiro un grande fabulador do que aínda se mantén tal definición. Poderase alegar que na fábula propiamente dita, sempre hai unha sentenza moral que nunca existíu no de Mondoñedo, ao discorrer á vista do pasado, o misterioso.

    Pero Pardo de Cela foi decapitado diante da catedral de Mondoñedo, e a súa cabeza rodaba polo chan exclamando “Credo, credo...! É imposible, aconteceu o que conto, na tardiña do día 17 de outubro de 1483. Non foi exactamente así. Sabemos que as prisións medievais levaban o nome de “mariscalas”, e non por que aferrollaran con elas a ningún mariscal. Cales serían logo as razóns polas que moitos lectores vellos quixeron pasar por vella puta a Danae? E aínda quixeron facer pasar por lixeira á dama doente, vella e estremecida, escoitando os seus risos e gargalladas, ai!. Falemos agora daquela xornada do día 17 de outubro cando foi decapitado Pardo de Cela, pero o mariscal, e o que se dixo da súa cabeza, rodando polo chan, é moi posterior ao que se conta en liñas precedentes. Sóubose máis tarde que as mariscalas eran as cadeas máis grandes das prisións medievais galegas.

    O que se di de Danae, polos anos 50, anos arriba ou abaixo; a filla da raíña mitolóxica Euricide é precioso. Pero ben mirado, por esas datas digo eu que non se reencarnare na vella puta das que cren nas tabernas aquelas que vagamente descubría e non citaba Álvaro Cunqueiro.

    Con todo, e para rematar, digamos unha vez máis que o poema é precioso, e ten esa bonitiña intencionalidade das que tanto gustaba a simpatía do autor de Merlín e familia. Unha lembranza sempre humana e amable para o gran poeta que xamáis deixou de ser o fabulador fantástico o noso marabilloso Cunqueiro, sí meus señores e señoras.

    05 jul 2020 / 21:09
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.