Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Repetindo os artistas participantes da primeira emisión, actuarán Azúcar Moreno e Leilía

O 30 de setembro de 1992, 1.200 persoas asistían ao primeiro programa de Luar na discoteca Dona Dana de Touro. Case tres décadas despois, o espazo da TVG comeza hoxe a súa 30ª temporada, un auténtico récord de lonxevidade na televisión actual. Este aniversario será un dos eixes da nova etapa do programa, en que se botará a vista atrás para lembrar as primeiras emisións e se convidará tamén a destacados humoristas a facer monólogos sobre estes 30 anos de vida. O tiro de saída darao esta noite Víctor Fábregas.

Un total de 1.273 programas despois, Luar establecerá paralelismos con aquela primeira edición, en que o programa contou coa presenza no escenario de Ázucar Moreno e Leilía. As irmás Salazar e o grupo de pandeireteiras, unha das primeiras formacións galegas que se lanzaron a percorrer as aldeas recompilando cancións tradicionais, estarán outra vez en ‘Luar’ para presentar os seus novos traballos musicais e para lembrar aquela noite.

O espazo da TVG tamén ofrecerá a actuación do músico pontevedrés Marcelo Dobode, que interpretará temas do seu primeiro traballo discográfico en solitario, titulado ‘Turoqua. Nel rompe as fronteiras visibles da tradición, que recobre cun verniz de modernidade e fusión ata acadar unhas melodías que foxen de calquera tipo de etiqueta.

Completan o cartel musical desta noite a orquestra Los Satélites, unha das de máis tradición e historia de Galicia, a Asociación Folclórica Queixumes dos Pinos e a rondalla feminina ferrolá Só Elas.

Ademais, esta noite dará comezo unha nova edición, a duodécima xa, do concurso musical Recantos.

10 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.