Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Compromiso da vangarda artística internacional coa ruta dos viños galegos

Finalistas e participantes do Francisco Mantecón presentan 63 carteis para promocionar este produto

Santiago. A alianza entre Turismo de Galicia e Terras Gauda conecta a vangarda artística internacional coa promoción das rutas do viño galego. Os finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo – Concurso Francisco Mantecón enviaron 63 carteis a este certame, procedentes de catorce países de todo o mundo.

O xurado, presidido por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e do que formaron parte os deseñadores Javier Mariscal, e Marcelo Ghio, director de Experimenta, ademais de Santiago Bacariza, xefe de Área de Produto de Turismo de Galicia, xa se reuniu para as deliberacións e designou os carteis premiados, cunha dotación de 5.000 euros cada un.

A deseñadora de Polonia, Maria Nolepa, quen tamén logrou o 1º Accésit da Bienal de Terras Gauda no 2022, foi unha das galardoadas. De Kazakhstan procede o outro cartel premiado, asinado pola artista gráfica Marina Mun.

Ambas formaban parte do elenco de 48 finalistas e premiados da última edición do Concurso Francisco Mantecón, no que participaron 1.249 carteis de 64 países.

Coas pezas gráficas das deseñadoras de Polonia e Kazakhstan, Turismo de Galicia promocionará as 12ª e 13ª Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño das cinco denominacións de orixe galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Unha iniciativa turística que se celebra anualmente.

Máis de 20.000 carteis de 100 países participaron nas primeiras edicións da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda, a de maior envergadura convocada por unha entidade privada no mundo. ECG

02 jul 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito