Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 20 abril 2021
02:00
h

Con Kalandraka: literatura e música con paxaros

Kalandraka Editora, neste ano 2021, na súa colección Demademora, publica un libro-musical que une o diálogo literario-pictórico dun álbum con outra vertente artística, a música, precisa para conseguir o desenvolvemento completo do ser humano. Esta obra titulada Paxaros é da polifacética escritora Natacha Ortega (Mendoza, Arxentina, 1981), con ilustracións de Lucía Franco en versión traducida ao galego de Xosé Ballesteros. Contén un relato que leva a bandada protagonista, guiada polos paxaros, a voar polo aire con sons e aventuras do gusto dos máis novos.

Unha excelente conxunción poética a tres bandas: literatura, música e artes plásticas que anima a ler, ver, contar e cantar. Para conseguilo, a lectura literaria e artística vai acompañada, ao final do libro, de cancións musicadas polo galego Paco Nogueiras, a cubana Dana Moya e Dragón Dorado, que se poden seguir polos códigos QR que se ofrecen.

marta.neira@usc.es

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito