Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Congreso internacional para traballar polo futuro do teatro galego

Pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei para este sector

Santiagor. O I Congreso Galego do Teatro celebrase dende hoxe ata o 10 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Baixo o lema co lema Co 2030 no horizonte, o congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década.

O Congreso inaugúrase coa conferencia plenaria de Cristina Domínguez Dapena, vicedirectora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que versará sobre O teatro galego proxectándose cara o século XXI: os desafíos da poscrise.

A seguir, diversas mesas de debate examinarán cuestións relacionadas coa experiencia acumulada no teatro galego nos últimos corenta anos, sobre os retos que enfronta na actualidade e sobre modelos externos dos que se poidan extraer ensinanzas no futuro.

Pola tarde, diversas comunicacións persoais abordarán temas como o teatro universitario, a tradución teatral, a recepción e representación en Galicia de Valle Inclán ou a guerra civil e o franquismo na dramaturxia galega.

Tamén se presentará o Informe sobre o Teatro Galego que elaborou o Observatorio da Cultura Galega, dependente do CCG, que dará a coñecer as cifras que rexeron a actividade da arte dramática en Galicia nas últimas décadas. Francisco Núñez, director do CDG, presentará as liñas a seguir pola institución no futuro inmediato.

Rematarase cun plenario no que tratarán de resumirse as achegas do día sobre Experiencia, Actualidade e Modelos Externos. ECG

07 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.