Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contemporáneos clásicos: O oso Pooh en galego

O pasado 1 de xuño, Sushi Books publicou en galego a primeira obra protagonizada polo máis tenro e querido oso da literatura infantil, Winnie -the-Pooh e, unha semana máis tarde, tamén o segundo volume, A casa do recuncho de Pooh, da autoría do escritor A. A. Milne (Londres, 1882-Hartfield, 1956).

Do mesmo xeito que fixo noutras ocasións, a editorial tomou a decisión de manter as ilustracións orixinais realizadas por E. H. Shepard, ofrecendo unha atraente porta de entrada a un clásico que segue deleitando a pequenos e maiores e cuxo éxito non fixo máis que medrar desde o 1926, ano de publicación orixinal do primeiro libro, reforzado pola creación de variadas reescrituras audiovisuais. Unha lectura imprescindíbel tamén para interesados e estudosos da materia que, tras dunha aparencia infantil, agocha a realidade dun creador superado pola súa obra e un fillo inocente que sufriu as consecuencias.

rociogpedreira@gmail.com

25 jun 2020 / 00:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito