Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contratación do Plan director para rehabilitar o Parque do Pasatempo

O documento sentará as bases para garantir as medidas da súa conservación e posta en valor

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou onte que a Xunta de Galicia contratará de xeito inminente a redacción do Plan Director do Parque do Pasatempo, en Betanzos, que sentará as bases das actuacións necesarias para garantir a conservación e posta en valor deste Ben de Interese Cultural (BIC).

Fíxoo nunha visita a igrexa de San Francisco, na que o Goberno galego vén de investir preto de 350.000€ para a súa restauración. Durante a súa visita, o responsable de Cultura da Xunta, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, salientou o “firme compromiso” da Administración autonómica co Parque do Pasatempo e co Concello de Betanzos. Un compromiso que, tal e como subliñou, “quedou xa demostrado co apoio técnico que fixemos para favorecer e facilitar a declaración como Ben de Interese Cultural”.

“Agora damos un paso máis elaborando un documento no que se recolla a actual situación do parque e un proxecto específico para guiar cada unha das súas necesidades”, explicou

A Xunta de Galicia iniciará nas vindeiras semanas o proceso de licitación para a redacción deste Plan Director do Parque do Pasatempo. “Trátase dun proceso de elaboración complexo porque o obxectivo é que este sexa un documento amplo que responda ao que o Pasatempo demanda, así como á complexidade das actuacións que é preciso executar e á magnitude e importancia deste ben patrimonial”, puntualizou.

Román Rodríguez salientou que este novo paso é posible ao abeiro do compromiso do Goberno galego cos fondos para a protección e recuperación do patrimonio cultural. De feito, nos orzamentos de 2021 esta partida increméntase nun 19 %.

23 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.