Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova cita hoxe con ‘48 horas para o si’, un dos éxitos da TVG

Os protagonistas serán Iván e Marlene, logo de contactar nunha rede social

OCupido do exitoso concurso 48 horas para o si anda solto de novo e esta noite volverá facer das súas na Televisión de Galicia. Os protagonistas nesta ocasión serán Iván e Marlene, que tiveron un match nunha coñecida rede social en pleno desconfinamento e que hoxe poderían dar un paso adiante na súa relación. Aínda que só levan un ano xuntos, Iván, un mecánico natural de Padrón, está convencido de que o seu pode ser para sempre e quere pasar polo altar coa súa moza, unha influencer á que lle encanta a moda, a decoración e as fotos e que conta con máis de 166.000 seguidores en Instagram. Pero ela, que traballa de comercial nuns coñecidos grandes almacéns, xa casou unha vez, cando tiña 23 anos, e agora non é a súa prioridade... Será boa idea pedirlle matrimonio outra vez?

Dada a dificultade do reto, Iván aposta a cabalo gañador e para axudalo a preparar todos os detalles da voda contará coa colaboración de Ana, a mellor amiga de Marlene, que seguro que o pode guiar mellor ca ninguén. El porao todo en xogo para conseguir o ansiado ‘si, quero’, pero, cal será a reacción de Marlene? A resposta, esta noite, nunha nova entrega do programa 48 horas para o si, coa actriz Iolanda Muíños como mestra de cerimonias.

É un dos espazos de maior sona na grella da canle pública galega logo de ter unha estrea cun 16 % de cota de pantalla, dato que foi líder absoluto de audiencia en Galicia na noite daquel martes.

04 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.