Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O coro do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo refulxe

Se recuperou a policromía orixinal do século XVI, entre outros traballos en Santa María

A Xunta de Galicia vén de completar os traballos de restauración no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo onde, entre outras actuacións, se recuperou a policromía orixinal do coro do século XVI. Así o comprobou este venres o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita para contemplar o resultado dunha intervención á que se referiu como “un modelo a seguir e un exemplo de colaboración no que profesionais de distintas disciplinas se implicaron cun obxectivo común: preservar o legado do noso patrimonio”.

Na súa visita, o responsable autonómico de Cultura contemplou o actual estado do coro, un conxunto de madeira que data do século XVI, pero que tivo que ser intervido no ano 1800 a consecuencia da caída da fachada. Desde ese momento, tal e como se pode consultar na documentación existente, unha das vigas orixinais está rota e asentada sobre outra impedindo contemplar a totalidade da policromía. “Os traballos impulsados pola Xunta de Galicia estiveron centrados en retirar esta segunda viga garantindo a función estrutural da orixinal ao tempo que se pon en valor un dos poucos artesoados policromados que se conservan na Comunidade”, afirmou Román Rodríguez.

Para conseguilo, tal e como explicou o conselleiro, contouse coa participación de numerosos expertos como arqueólogos, historiadores, carpinteiros, arquitectos, enxeñeiros ou mesmo escultores como Acisclo Manzano, que elaborou unhas pezas para incorporar ao conxunto. “O gran traballo feito por Acisclo enriquece o artesoado favorecendo a combinación de estilos artísticos e legando ás futuras xeracións o reflexo dos cambios sociais de quen vai utilizando o inmoble a través do tempo”, incidiu.

Unha das fases desta renovación centrouse no entaboado de madeira do coro, que tivo que ser levantado e recolocado tras a aplicación dun tratamento antixilófagos.

21 ene 2022 / 19:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.