Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Toñi Moreno e máis o grupo de trap Verto, convidados no ‘Land Rober!’

Antonio Garrido, outro dos que ven a este espazo que leva o showman Roberto Vilar

Santiago. Este xoves no Land Rober da TVG, Roberto Vilar vai contar oa visita da presentadora Toñi Moreno e do actor Antonio Garrido. O toque musical vén da man de Verto, o grupo de trap galego presenta no plató do programa o novo disco Embora.

Ppor outra banda, tamén este xoves na TVG, o tema principal de A Revista será a moda sostible, e Alberto Rocha, voceiro e secretario xeral de Cointega, o clúster téxtil de Galicia, afondará neste sector tradicional dentro da estrutura empresarial da comunidade. Unirase a esta conversa María Canle, experta en moda e manager directora da axencia de comunicación e revista Galiciademoda. Nesta liña, Felicidad Pérez, unha das fundadoras da empresa de moda D-Raíz, amosará a súa tenda sostible. Distinguida co selo de Artesanía de Galicia, fabrica a súa colección de complementos con fibras e materiais ecolóxicos. Ademais, o magazine conectará con Roberto Verino en Madrid, onde terá lugar a Semana da moda 2021.

Vía Skype, Alberto Grandío, presidente da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura, abordará a situación de crise das salas de concerto en Galicia por mor da situación sanitaria. E Isi colaborará nas seccións do magazine e comentará as noticias do corazón máis destacables que acaba de sacar á rúa a prensa rosa; o médico Norberto Proupín analizará os datos actuais da COVID en Galicia e Mercedes Nodar, mestra de Polo Rego, ofrecerá consellos útiles para o coidado da horta.

E na G2, ZigZag conversa este xoves no estudio co doutor Alexandre Péres Vigo sobre a galaicofobia, tema central da tese que acaba de presentar na Universidade de Coruña. Do supremacismo á xenofobia: o idioma galego no pensamento castelán nos séculos XV a XVII, un percorrido polo odio e desprezo ao pobo galego ao longo da historia e a súa presenza na actualidade. O proxecto Aquí non pasa nada chega ao espazo da G2 en forma de reportaxe. Nado durante a pandemia, esta declaración de intencións cargada de retranca, está a encher as redes de música e músicos de Ferrolterra. Este miradoiro con vistas á cultura emerxente da bisbarra reúne grupos de distintas tendencias para gravar vídeos.

Tamén en forma de reportaxe, os espectadores coñecerán Proxecto remolque, impulsado polos cineastas Cris Lores, Belén Veleiro e Alberte Pagán. Mediante un proxecto de cinema colaborativo, fan a recuperación de tráilers en 35 milímetros que quedaron en desuso tras a dixitalización das salas de cine. ecg

08 abr 2021 / 00:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.