Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dende o venres poderá verse nas salas de cine o filme ‘O Corpo Aberto’

A película de Ángeles Huerta baséase nun relato escrito por Xosé Luis Méndez Ferrín

Santiago. O Corpo Aberto é unha longametraxe de terror folk escrita pola directora Ángeles Huerta xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, un dos autores máis importantes e representativos da nosa literatura contemporánea.

Narra a historia dun mestre que, a principios do século XX, recibe como primeiro destino Lobosandaus, unha pequena localidade da “raia seca”, na fronteira entre Galicia e Portugal. Nada máis chegar percibirá como o misterio e a morte conviven con naturalidade na vida cotiá da poboación deste estraño e abrupto lugar. Pero o profesor enfrontarase, desde o racionalismo e a ciencia, a unha crenza común da poboación local: o espírito dos mortos pode manifestarse e permanecer entre eles ao habitar outros corpos.

Os límites, as “raias” ou liñas que separan o mundo dos mortos e dos vivos, o xénero, a identidade ou o poder evocador da tradición e o folclore serán algúns dos eixos que atravesen a película.

Sinopse: 1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, una aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos paixonais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da vila libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos. OCA

08 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.