Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Difusión dos ditos infantis coa nova edición de ‘Brincadeiras da lingua’

Os quince vídeos desta segunda entrega fomentan a transmisión da lingua nos escolares

Santiago. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte na presentación da segunda entrega de Brincadeiras da lingua, unha serie de pílulas audiovisuais realizadas por Migallas Teatro ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

O obxectivo desta serie, composta por 15 novos vídeos que se suman aos 10 publicados na primeira edición, é fomentar o coñecemento e a práctica dos ditos e recitados infantís galegos e mais a transmisión familiar da lingua.

O representante da Consellería de Cultura quixo agradecer “o compromiso das empresas culturais como Migallas por realizar proxectos deste tipo que axudan a fomentar o uso da lingua galega entre a cativada dun xeito divertido ao tempo que se traballa por manter viva a tradición oral galega”.

Canda Valentín García tamén participaron na rolda de presentación, que acolleu o compostelán Pazo de San Roque, María Campos e Carlos Yus, da compañía Migallas Teatro.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados e cancións que acompañan desde hai séculos as brincadeiras dos nenos e das nenas, así como as relacións entre os membros máis vellos da
familia e os máis pequenos.

Nestes novos 15 capítulos, que se suman aos 10 anteriores, amósanse algúns destes ditos relacionados cos animais, co tempo cronolóxico, co tempo meteorolóxico, con accións cotiás, ditos acumulativos, ditos de burlas e ditos relacionados cos xogos entre outros. Os capítulos iranse publicando cada xoves no Portal da Lingua Galega e tamén nas redes sociais, onde tamén se poden consultar os anteriores. redacción

03 feb 2022 / 16:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.