El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

As empresas galegas Linknovate e Situm, galardoadas polo CPEIG

Ambas compañías resultaron gañadoras ‘ex aequo’ do Premio Iniciativa Emprendedora

M. ALMENDRÁBAR  | 07.06.2017 
A- A+

Santiago. Dúas empresas galegas con dimensión internacional, Linknovate e Situm, resultaron gañadoras ex aequo do Premio ­Iniciativa Emprendedora, que concede o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), presidido por Fernando Suárez.


Linknovate  Science nace no ano 2012 en Palo Alto, na aceleradora de startups da Universidade de Stanford, co obxectivo de axudarlles ás empresas a identificar tecnoloxías e mercados emerxentes, e os seus axentes clave. En concreto, Linknovate realiza recuperación de información sobre bibliotecas de revistas científicas, patentes e múltiples fontes de datos para facilitarlles ás empresas intelixencia “na procura de contribucións  e partners que lles poidan interesar para os seus proxectos”.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt