Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estrease como líder a nova serie da galega, ‘Lobos e cordeiros’

Acadou ata 105.000 espectadores // Creada polo productor José María Besteiro, os interiores foron rodados nos novos estudios de EL CORREO

A serie Lobos e cordeiros estrease como líder. Logo do seu inicio na Televisión de Galicia (TVG) o pasado mércores, foi líder no prime time con 105.000 espectadores e un 10,3 de share, segundo sinala a productora.
Por detrás quedaron en Galicia: Cenicienta, en Tele 5, 9.1 de cota de pantalla e 82.000 televidentes; El leñador, en Cuatro, 9,4 % e 73.000; El médico, en La 1, 8,2 % e 70.000; Obsesionada, na grella de La Sexta, 8,6 % e 65.000; e Pixels, en Antena 3 , 8,2 % e 59.000.

Lobos e cordeiros é unha serie galega de época ambientada no ano 1898 en Ourense. O seu argumento conta a través de tres clans a historia de Galicia.

É unha coidada ficción de intriga e amores imposibles entre unha familia nobre, outra burguesa e unha terceira campesiña, cun pazo e un balneario como escenarios de fondo.

Parte das imaxes desta serie foron rexistradas nas instalacións que EL CORREO ten na súa sede do polígono compostelano de Costa Vella.

É un proxecto de José María Besteiro, productor lucense de sona logo de ser pai de ficcións de boas audiencias na canle pública galega como Libro de familia e Pazo de familia, dúas propostas de moita sona na Televisión de Galicia.

Lobos e cordeiros é unha produción de Galiwood, con Giselle Llanio e Manuel Espiñeira na dirección, e con máis dunha vintena de personaxes no reparto principal, un equipo de actores que encabezan Luís Iglesia, Miquel Ínsua, Susana Sampedro, Sabela Arán, César Cambeiro, Camila Bossa, Josito Porto, Adrián Ríos, Desiré Pillado, Sara Sanz, Simón de la Torre, Nacho Nugo, Paulo Rodríguez, Aída Blanco, Mónica García, Alberto Rolán, Patricia Torres, Víctor Fábregas e Bárbara Gradío, entre outros.

Por outra banda, falando da canle autonómica, acada unha cota de 10 % no acumulado anual de 2018, cifra que sobe ata o 10,8 % durante o prime time.

Dese xeito, a TVG segue a actuar coma un dos principais motores de Forta ao situarse dous puntos por riba da media, que é de 8,1 % no conxunto do día; mentres que, na faixa de maior consumo televisivo supera ao conxunto das canles autonómicas en máis de tres puntos. A galega mantén na Forta a segunda posición.

03 ene 2019 / 23:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito